O meu gato é un poeta
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil de 2011
Edicións Xerais de Galicia, 2011
8ª edición
Poesía infantil
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto.O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…
- Ficha do libro en Xerais
- Web do libro www.gatopoeta.franalonso.gal (o contrasinal de entrada está no libro)
- Ficha de lectura elaborada polo CPI O Rosal (en pdf)
- Entrevista do libro a Fran Alonso sobre O meu gato é un poeta (en pdf)