Sabes o que é un haiku?
O haiku é un poema moi breve que provén da poesía tradicional xaponesa e que tivo moi boa acollida na poesía occidental.
Un haiku é coma un suspiro, coma unha respiración rápida e curta, na que un poeta describe ou expresa algo en tres versos. No haiku tradiconal, os versos eran de cinco e sete sílabas.
Non te animas a escribir un haiku? Queres ler antes algún? Mira estes tres.
Son de dous poetas xaponeses do século XVII.
Noite mariña:
a voz do pato
é vagamente branca.
MATSUO BASHO
Un vello estanque;
ao mergullarse unha ra,
ruído da auga.
MATSUO BASHO
Que axiña prende
e que axiña esmorece
un vagalume!
KIORAI
Queres saber máis cousas sobre o haiku?
Consulta aquí