Fala o gato

A poesía faise con palabras. E as palabras que eliximos para escribir ou para falar transmiten a nosa forma de ser.
A unhas persoas gústannos máis unhas palabras e a outras gústanlles máis outras palabras distintas.
Vaia, isto parece un trabalinguas!


Quero dicir que, cando falamos, empregamos as palabras coas que máis nos identificamos. Por iso é verdade que falamos e escribimos acorde co que somos. Que as palabras reflicten tamén a nosa forma de ser, de pensar.
A lingua identifícanos, na casa, na rúa, na escola. Hai palabras que a algunhas persoas lles gustan moito e a outras non lles gustan nada.

Que palabras che gustan a ti? A min, moitas. A min gústanme moito as palabras con ele. E gústame xogar coas palabras. Estiralas, coma se fosen chicle. E inventar palabras. Como me gusta!