O amor.
Unha cousa estraña
e difícil de definir.
O amor sabe a doce, a amorodo,
a chocolate, pero tamén
a café amargo
e pica como a menta extraforte.
O amor pode ser empalagoso
coma un pastel de nata ou molesto
coma unha mosca sobre a pel.
O amor é libre e subversivo
coma un berro e ten alma de lume,
que ás veces se aviva ou se apaga.
É suave coma un bico de caramelo
ou brutal coma un espirro alérxico
na primavera.
Pode ocasionar chimpos estraños nos pés,
coma se che tocase a lotería,
ou pode facer que todas a nubes
do ceo se che metan na cabeza
provocando un temporal.
O amor é… unha cousa estraña
e difícil de definir.