Medo

A noite


A noite, un veludo
que ás veces espirra de súpeto,
un farrapo quente,
de fíos que se desfán
entre a néboa escura.
A noite, que me lembra
un enorme burato de carbón.
A noite,
papel secante,
que todo o chupa para ela.
Á noite, o estraño e o fermoso
dentro da alma.
Á noite, un medo de elefantes brancos
que brillan na escuridade.
Á noite.
Sempre hai alguén que sae
a roubar sentimentos.
A noite, invisible,
coa súa canción de dolor.
A noite,
o animal máis silandeiro
que levo dentro.

Con este poema comeza o meu libro O brillo dos elefantes,
que conta a vida dun neno de Centroamérica.